Patrocinadores
A A A

¿Quen somos?

 O Clube Náutico Cobres, somos un grupo de xente que traballa na promoción e práctica do deporte do piragüismo e a vela. A maioría somos voluntarios, e colaboramos na medida das nosas posibilidades, da mellor forma que sabemos.




O noso interese principal é que os veciños de Vilaboa e os que non o son, practiquen piragüismo e vela na nosa parroquia. Ademáis pretendemos que a xente que se achegue o noso clube poida contactar co medio natural e humán, o noso mar e a nosa xente. Tamén pretendemos que o noso pobo, Vilaboa, sexa coñecido por todos.

 

 

 

As nosas principais actividades son os cursos e adestramentos de piragua e vela. Ademáis tamén ofrecemos actividades escolares e de turismo náutico en colaboración coas casas de turismo rural de Vilaboa.