Patrocinadores
A A A
  • Lua Chea Julio 2916saida
    Lua Chea Julio 2916saida
  • Luca Chea Julio 2016
    Luca Chea Julio 2016

Actividades de piragüismo de lecer 2017

ACTIVIDADES DE PIRAGÜISMO DE LECER

 

Queridos socios e amigos, para a esta tempada temos prevista unha serie de saídas en piragua desde distintos puntos das rías de Vigo e Pontevedra en excursións marítimas e fluviais. Nestas actividades tentamos combinar o deporte e o pracer do contacto coa natureza unidos a piragua. A continuación se propoñen as seguintes saídas e datas:



        ·         29 de abril: Descenso do Umia dende Baión coa posibilidade de visita a unha bodega de Albariño.

·         17 de maio: Castelo Soutomaior e descenso do Verdugo, pendente de coñecer o prazo de reapertura do Castelo.

·         18 xuño: Saída a ría de Arousa e visista illa Cortegada.

·         2 xullo: visita museo Masso e ruta praias Bueu.

·         8 xullo:  saidaa Nocturna ensenada de San Simón.

 

 

Esperamos que sexan do agrado de todos vos, así que animádevos!


As datas e o calendario previsto poden verse modificadas en caso de que se produzan cambios nas competicións e outras actividades do clube.