Patrocinadores
A A A

Camiño de Santiago

  • Terras do Camiño

    Dende o Plan de Dinamización de Produto Turístico de Terras de Pontevedra que xerencia a Mancomunidade Turística Terras de Pontevedra, comezamos a desenvolver un novo produto de turismo rural no noso territorio aproveitando o actual Ano Xacobeo 2010.

     

    Quixemos especializar a nosa oferta ofrecendo novos servizos ao peregrino que atravesa o territorio de Terras de Pontevedra percorrendo o Camiño de Santiago portugués.

     

    Unímonos empresas de servizos de aloxamento rural, restauración e empresas de lecer e actividades deportivas para ofrecer aos peregrinos que así o consideren, a oportunidade de utilizar os nosos servizos especializados e enfocados cara a eles de maneira directa.

  • Información do Camiño

    Enlaces de interes onde se pode encontrar información para preparar e documentarse sobre o Camiño de Santiago