Patrocinadores
A A A

Fotonáutica

Que vai ser iso da FOTONÁUTICA?

Unha actividade cultural que une a fotografía coa náutica. Como participantes vos propoñemos que afinedes o voso ollo fotográfico, saquedes a vosa cámara, clic, e compartades fotos relacionadas coa náutica marítima e fluvial.

 

Pero que tipos de fotos?

Cada mes iremos propoñendo un tema. Dentro dese tema as fotos poden ser de paisaxe de mar, río, de actividades deportivas de remo ou vela, embarcacións de calquera tipo, construcións propias da ribeira etc.

 

Que imos facer con esas fotos?

Faremos unha selección das vosas propostas, e iremos publicando na web as mellores facendo unha colección. Si a cousa económica vai ben, tentaremos facer unha exposición anual que reúna as vosas achegas.

 

Cando e como comezamos?

Xa. Neste XANEIRO de 2016 xa esperamos as vosas propostas para poder ir publicando na nosa web.

 

Pero cal é o tema deste mes?

Para estrear esta festa da luz de mar e río comezaremos con FOTOGRAFÍAS DE PONTES, tema do mes de XANEIRO de 2016. Queremos unir ribeiras, establecer novas pontes de comunicación entre todas as persoas que vivimos arredor do Club Náutico Cobres.

 

E que fago coa miña foto?

Envíanola a nosa dirección de correo adicada a este fin: fotonautica@nauticocobres.es.