Patrocinadores
A A A

Manual de navegación

Capítulo 1: Introducción

 

Estas breves leccións son un intento de achegar a navegación a todos aquiles que sentiron nalgun momento unha certa curiosidade por saber como se manexa un veleiro, o que é babor e o que é estribor ou como izar as velas.

Con este curso terá un resumo de alguns capítulos do temário para a obteción do título de "Curso de Patrón para navegación Básica", título que permite gobernar embarcacións de recreo de até 8 metros de eslora se son de vela e de até 6 metros se son de motor, coa poténcia de motor adecuada á mesma, na cal a embarcación non se alonxe mais de 4 millas, en calquer dirección dun abrigo ou praia accesibel.

 

Capítulo 2: Partes da embarcación

 

Comezaremos este curso polas partes que compoñen unha embarcación. Vexamos:

 

O aparello.

 

O aparello constitue a equipa impulsora das embarcacións de vela e está constituído por diversos elementos, como son:

 

     

  • A arboladura

     

     

  • "Jarcia"

     

     

  • Velas

     

     

  • Herrajes e cabullería

     

 

A arboladura.

 

É o conxunto de paus e perchas dun barco que serven para suxeitar, colocar e orientar debidamente as velas. Estes paus están fabricados de distintos materiais.

 

 

 

 

 

Os paus.

 

 

Cada un dos mastros, colocados verticalmente no plano lonxitudinal dunha embarcación. Serven para soster as perchas (bicos, botavaras, tangons, etc) utilizadas para largar as velas, ou ben, as velas mesmas.

 

Pau maior: o de maior altura ou principal dunha embarcación.

 

Crucetas: pezas de madeira ou metal que se colocan horizontalmente a babor e estribor dos paus e a certa altura. A sua función é dar maior resisténcia ao pau, opendo-se á sua flexión e transmitindo o esforzo aos obenques.

 

Botavara: percha colocada en posición horizontal, que vai unida por un extremo, sobre o cual xira, á cara posterior do pau dunha embarcación. En ela se enverga ou engancha o borde inferior dunha velqa (pujamen), cuxo borde de proa (grátil) vai, á sua vez, unida ao pau.

Mediante un cabo unido á botavara (escota), pode esta mover-se e orientar asi a vela.

 

Tangón: percha que se engancha ao pau pola sua cara de proa e que serve para amurar un foque ou un balón.

 

Capítulo 3: Partes dunha embarcación - A "jarcia"

 

A "jarcia".

 

Está constituída por todos os cabos e cables que forman parte do aparello dunha embarcación e que serven para suxeitar, suster ou mover as pezas da arboladura (paus, botavaras, bicos, etc) ou, directamente, as velas. Distingue-se entre "jarcia" firme e "jarcia" de labor.

 

     

  1. "Jarcia" firme: compoñen-a os cabos ou cabeis sempre fixos que, serven para suxeitar ou suster fundamentalmente os paus.

     

    Obenques: cabos ou cabeis que susteñen lateralmente os paus pasando, cando existen, as crucetas.

     

    Estais: cabos ou cables que suxeitan longitudinalmente os paus, cara proa ou cara popa. O estai, própriamente dito, é o de proa. Para se referer ao de popa, acostuma empregar-se a voz inglesa "backstay".

     

     

  2. "Jarcia" de labor: está composta por cabos ou cabeis movebeis que, se utilizan para izar, orientar ou arriar o aparello.

     

 

 

Drizas: cabos utilizados para izar as velas, asi como bandeiras, gallardetes, etc.

 

Escotas: cabos utilizados para cazar e orientar as velas.

 

Braza: cabo asine ao extremo do tangón que, serve para o mover horizontalmente o redor do pau.

 

Amantiño: cabo que, tirando cara en riba, mantén horizontal ou coa inclinación que se desexe, botavaras, tangons ou outras perchas.

Contra: cabo ou aparello utilizado para tirar da botavara cara abaixo e impedir que se incline cara en riba, axudando asi a dar á vela a forma apropiada. Normalmente, fai-se asine ao pau.

 

Aparejo: recebe tamén este nome un sistema composto de cabos e roldanas que serve para multiplicar un esforzo.

 

 

Capítulo 4: Partes dunha embarcación - As velas

 

As velas.

Denomina-se vela á peza ou conxunto de pezas de tecido de fibras naturais ou artificiais que, suxeita a un pau ou a unha percha (ou a ambos), serve para receber o vento e proporcionar a forza de propulsión a unha embarcación.

 

 

Vela maior: vela principal dun barco, envergada no seu pau maior.

 

 

Foque: vela triangular colocada a proa do pau mais a proa dunha embarcación e envergada no estai.

 

 

Génova: foque de grande tamaño, utilizado príncipalmente en cruceiros de regatas.

 

 

Spinnaker: tamén chamado "balón", é unha vela de tecido moi fino, grande e embolsada, que se dá pola proa con ventos de popa ou de aleta, con axuda do tangón.

 

 

 

Partes da vela.

 

 

Baluma: lado de popa nunha vela triangular.

 

 

"Pujamen": parte ou lado inferior dunha vela.

 

 

Grátil: lado da vela pola que esta une ao pau, a unha percha, ao estai, etc. Acostuma ser o seu lado de proa.

 

 

Puños: ángulos ou bicos das velas, onde se fan firmes as escotas, drizas, etc.

 

     

    • Puño de mágoa:
    • Puño de amura: o mais baixo e de proa nas velas triangulares.

       

       

    • Puño de escota: o puño ao que vai suxeita a escolta, de forma directa ou indirecta.

       

    o mais alto das velas triangulares. A este puño se afirma a driza, polo que se chama tamén "puño de driza".

     

     

 

 

Relingas: cabos cosidos nos lados das velas que serven para os reforzar ou guiá-los polas ranuras das perchas.

 

 

Sabres: taboiñas alongadas, de madeira ou fibra que, se introducen en fundas praticadas nas balumas das velas maiores, co fin de axudar a dar-lles forma.

 

 

Rizo: pedazo de cabo utilizado na manobra de ,tomar rizos, (diminuir a superfície das velas).

 

Capítulo 5: Acción do vento sobre a vela

 

As velas constituen o mecanismo transformador de enerxia que permite que, a forza do vento se converta en forza de propulsión e faga avanzar a embarcación.

 

Presión e depresión: o empurre bélico.

 

Ainda que a simple vista poda semellá-lo , non é o empurre directo do vento sobre as velas o que xera a forza propulsora. En realidade, a técnica da vela consiste en orientar éstas de tal forma con relazón ao vento que produzan e lixeiro troco no seu dirección, de forma que este circule ao longo delas (sen producir turbuléncias).

 

 

A masa de ar, deslizando-se ao longo dunha vela cambada, produce un aumento de presión no seu lado convexo e unha succión ou depresión na cara oposta ou lado cóncavo. Como resultado de iso, en todos e cada un dos pontos dunha vela, producen-se pequenas forzas, perpendiculares a ela. Estas forzas poden considerar-se nunha só resultante, á que se denomina empurre vélico.

 

 

Vento real e vento aparente ou relativo.

 

O vento que recebe o barco se combina co seu movimento próprio, dando lugar ao que se chama vento aparente ou relativo, de distinto dirección e intensidade que o real e, que é o que receben, en realidade, as velas da embarcación.

 

Un barco pode navegar a vela en calquera dirección relativo en relación ao vento, excepto na que subpón dirixir a proa ao mesmo vento ou, mais ben, cara un sector de 90º, centrado no dirección do vento.

 

 

Barlovento: parte de onde ven o vento.

 

 

Sotavento: parte oposta a aquela de onde ven o vento.

 

 

Capítulo 6: Formas de navegar a vela

 

Nesta unidade didáctica identificaremos as diferentes formas de navegar a vela en función do ángulo e do dirección do tempo co eixo do barco.

 

 

Amurado a estribor: receber unha embarcación o vento pola banda de Estribor.

 

 

Amurado a babor: receber unha embarcación o vento pola banda de Babor.

 

 

As formas de navegar a vela en relazón ao barco co vento son as seguintes:

 

     

    • Cinguir:
    • Navegar de través:
    • Navegar a un lado:
    • Navegar en popa:
    di-se que un barco "ciñe" cando o seu rumo forma o menor ángulo posíbel co dirección do vento.

     

     

     

    un barco navega "de través" cando recebe o vento polo través, é dicer, formando un ángulo duns 90º co seu eixo longitudinal.

     

     

     

    di-se que un barco navega a un "longo" cando recebe o vento pola aleta.

     

     

     

    un barco navega co vento "en popa" ou de "empopada", cando recebe o vento pola popa.

     

 

Algunhas voces da navegación a vela son as seguintes:

 

     

    • Bordada:
    • Orzar:
    • Cair:
    • Abatir:
    • Virar:
    camiño percorrido por unha embarcación ciñendo, mentres non mude de amura, é dicer, mentres non "vire".

     

     

     

    diminuir o ángulo que forma o rumo do barco co dirección do vento.

     

     

     

     

    mudar de rumo, arribando.

     

     

     

    apartarse unha embarcación cara sotavento do rumo que deberia seguir.

     

     

     

    mudar de rumo de modo que o vento que antes se recebia por unha banda, despois de virar se receba pola outra, é dicer, pasar de "amurado a estribor" a "amurado a babor" ou viceversa.

     

 

 

Capítulo 7: Manexo e regulación das velas

 

nesta unidade didáctica explicamos-lle cada un dos movimentos que se realizan coas velas.

 

 

Cazar: entrar ou cobrar da escota dunha vela de forma que diminua o ángulo que ésta forme coa liña de crujía do barco.

 

 

Lascar: deixar solta escota-a dunha vela de maneira que ésta, pola forza do vento, poda aumentar o ángulo que forme coa liña de crujía do barco.

 

Portar: di-se que unha vela "porta" cando está correctamente orientada, de modo que aproveita a forza do vento.

 

 

Flamear: ondear unha vela. Ocorre cando non está correctamente orientada por non estar suficientemente cazada.

 

 

 

Tomar rizos: manobra que consiste en recoller parte da vela, suxeitando o recollido con cabos chamados "rizos".

 

 

Izar: subir unha vela ou bandeira tirando da sua driza.

 

 

Arriar: baixar as velas, soltando progresiva e uniformemente "filando" a driza que as suxeita.

 

 

Dar o aparello: izar as velas e colocar o aparello nas condicións oportunas para navegar.

 

 

Carregar o aparello: arriar ou recoller as velas.

 

 

Relingar: estirar unha das relingas dunha vela.

 

 

Capítulo 8: A virada

 

A virada pode efectuarse de duas formas. Segundo iso, a manobra recebe o nome de virada por avante ou virada por redondo.

 

     

  1. Virar por avante: virar de forma que, durante a manobra, a proa do barco pase polo dirección do vento. Vexamos os pasos a seguir para executar a manobra:

     

     

       

    1. Meter o leme á banda pola que se recebe o vento.

       

       

       

    2. Cazar a maior ao meio e lascar o foque.

       

       

       

    3. Cando a proa pasase a liña do vento, cazar o foque e lascar a maior.

       

       

       

    4. Manobrando co leme, levar o barco ao novo rumo, axustando o cazado de velas.

       

     

     

     

  2. Virada por redondo: virar de forma que, durante a manobra, a popa pase polo dirección do vento. Vexamos os pasos a seguir para executar a manobra:

     

     

       

    1. Meter o leme á banda contrária, pola que se recebe o vento.

       

       

       

    2. Ir lascando maior e foque.

       

       

       

    3. Cando a popa estexa a pasar a liña do vento, mudar as velas de banda (trasluchar)

       

       

       

    4. Orzar, co adecuado manexo do leme, cazando as velas , até chegar ao novo rumo.

       

 

Capítulo 9: Manobras a vela

 

Vexamos a continuación algunhas manobras básicas que podemos facer coas velas.

 

 

Trasluchar: é o momento en que, durante a virada por redondo, as velas mudan de banda, pasando a botavara polo eixo longitudinal do barco.

 

 

Acuartelar: apresentar ao vento a superfície dunha vela, levando o seu puño de escota a barlovento da liña de crujía.

 

 

 

Arrincar: ao cazar as velas o barco adquire velocidade. Un barco que está a navegar con certa velocidade se di que leva arrincada. Un barco que non leva arrincada está parado.

 

 

Deter a arrincada: navegando a vela existen varias formas de deter a arrincada:

 

       

    1. unha é orzar até pór o barco proa ao vento. nesta posición a acción do vento e a mar actuarán como freo da embarcación.

       

       

       

    2. Outra forma de deter o barco é soltar escotas até que as velas fiquen flameando, o barco irá perdendo velocidade pouco a pouco. Mesmo pode empurrar-se a botavara cara proa para acuartelar a maior.

       

 

 

Segundo a situación en que se atope a embarcación empregará unha forma ou outra, pero haberá que ter presente que unha embarcación a vela non pode deter-se , polo que sempre se deberá actuar con prudéncia.

 

 

Fondear a vela: unha vez eleito o ponto de fondeo, a manobra correcta debe ter por obxecto chegar a dito ponto co barco parado, polo que o mais adecuado é chegar proa ao vento.

 

Como en todas as manobras, as fases de ésta dependen do tempo do barco e das circunstancias de mar e vento. Non obstante, unha secuéncia normal pode ser a seguinte:

 

     

  • Aproximarse ao ponto de fondeo, formando co vento o menor ángulo posíbel e conservando unha velocidade suficiente para que o barco non abata moito.

     

     

  • Arriar o foque.

     

     

  • Orzar e aproarse ao vento

     

     

  • Cando o barco perda o seu arrincado, dar fondo coa ancora.

     

     

  • coa maior en banda para que non apañe vento, deixar que o barco vaia atrás e ir filando o cabo ou cadea necesário, en función da profundidade.

     

     

  • Facer firme o cabo ou cadea e arriar a maior.

     

 

 

Levar a vela: partindo da base de que un barco fondeado permanece aproado ao vento, as fases da manobra poden ser:

 

     

  • Izar a maior

     

     

  • Izar foque

     

     

  • Levar

     

     

  • Cando a ancora parta (despegue do fondo), acuartelar o foque.

     

     

  • Cando o barco xire e dea a banda ao vento, cazar foque e acabar de levar.

     

     

  • Cazar maior e sair navegando

     

 

Capítulo 10: Manobra de home á auga

 

Continuamos analisando as manobras que podemos facer coa vela.

 

Manobra do home á auga a vela.

 

Nunha embarcación na que navegas a vela, o perigo de que unha persoa caia á auga é maior, pois a manobrabilidade imediata do barco é menor, espécialmente se se vai navegando con ventos longos e leva-se moito aparello izado, incluindo "spinnakers" ou similares.

 

 

É importante sinalizar imediatamente e coa maior eficacia a persoa caída á auga.

 

Manobra de recollida.

 

 

 

     

    • Embarcación a motor auxiliar imediatamente disponíbel:

       

       

         

      • Comprobar que non haxa cabos na auga que pudesen engrellar-se na hélice.

         

         

      • Pór o motor en marcha.

         

         

      • Efectuar a manobra a motor, arriando as velas o mais posíbel.

         

         

      • En caso de non poder arriarlas coa rapidez suficiente, deixá-las totalmente en banda para que non apañen vento e non entorpezcan a manobra.

         

         

      • Lembrar que o importante é recoller o home canto antes, aun a risco de avarias no aparello.

         

       

         

      1. Embarcación sen motor auxiliar disponíbel:

         

         

           

        • Navegando de cinguída: debe virar-se imediatamente, da forma mais rápida (por avante ou en redondo) e voltar ao rumo oposto.

           

           

        • Navegando con ventos longos ou en popa: seguir navegando exactamente ao mesmo rumo da caída do home, mentres prepara-se a manobra para llerecoller , virar por avante ou redondo, segundo as circunstancias do aparello, vento ou mar; ou ben, tornar ciñendo a tope e efectuando bordadas moi cortas, tomando como eixo o rumo oposto ao da caída.