A A A

Ruta illa San Simon

O punto de partida é das instalacións do clube náutico de Cobres , onde unha vez embarcamos nos dirixiremos a illa de San Simón, bordeando a illa e facendo unha parada na praia de Cesantes, volvendo logo ao punto de partida. A duración da ruta será de 2 horas aproximadamente.

 

A illa de San Simón, delimita cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de San Antón por unha ponte. O conxunto de ambas illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.

Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. 

 

Reserva Actividades