A A A

Turismo e Actividades

O Clube Náutico Cobres, somos un grupo de xente que traballa na promoción e práctica do deporte do piragüismo e a vela. Dende a sección de piragüismo pretendemos que a xente que se achegue o noso clube poida contactar co medio natural e humano, o noso mar e a nosa xente.

 

O turismo náutico é unha variedade do piragüismo que pode ser practicada por calquera persoa independentemente da súa idade ou condición física, o único requisito imprescindible é saber nadar.

 

O Turismo Náutico permite gozar desde unha perspectiva completamente distinta das fermosas paisaxes da nosa ria. A piragua permítenos chegar a sitios practicamente inaccesibles que doutra forma non seria posible.

 

A nosa proposta para acadar este obxectivo e a de ofertar a posibilidade de realizar unhas rutas a bordo dun kayak coñecendo a ría e así poder gozar de a actividade achegando este maravilloso deporte a todas as persoas interesadas en iniciarse no piragüismo ou que desexen gozar dun paseo pola ría, onde  mestúrase a práctica deportiva co medio natural onde a realizamos as actividades.