Publicado por
Piragüismo

C.N. Cobres nace en 1983 para ofrecer a posibilidade de practicar un novo deporte no concello de vilaboa. Dende entón, ano tras ano entrena un equipo de alevíns e infantís e outro de cadetes, xuvenís e seniors para participar nas competicións organizadas pola Federación Galega de Piragüismo e Clubs.

O club náutico Cobres leva a cabo un importante traballo de promoción organizando cando menos dous cursiños anuais de iniciación ao piragüismo especialmente adicados a nenos en idade escolar, sempre precedidas de campañas escolares e con seguimento nos meses a seguir, todo de maneira gratuita.

Participacións:

Gran premio de rios e travesías, nas que participan cadetes, xuvenis, senior e veteranos percorrendo de marzo a setembro as catro provincias galegas. Algunhas destas probas teñen carácter internacional tales como o Trofeo Príncipe de Asturias de K-4, Descenso Internacional do Miño, Copa Presidente, con gran despliege mediático e retransmisión en directo pola radio e televisión.

Campeonato Galego de Pista.

Gran Premio de Promoción ao que asisten alevíns e infantís tamén por toda a xeografía galega.

Descenso internacional do Rio Sella, máis que unha regata e a festa institucionalizada da piragua a nível internacional. Nela reúnense máis de mil embarcacións de toda España, Europa, e normalmente tamén con representación doutros continentes.

Organizamos cursos durante os meses de verán e tamén actividade de mantemento para os cursillistas que comezan nos cursos de semana santa e xuño.

Organizamos actividades várias para sócios e non socios de turismo náutico, sendeirismo, cicloturismo, etc.