Publicado por
Vela

Durante os últimos 10 anos o CN Cobres adicou toda a súa actividade de vela a escola, organizando varios cursos anuais.

Os deportistas que o longo destes anos practicaron vela no CN Cobres, habitantes na súa maioría do concello de Vilaboa e comarcas limítrofes, non posúen embarcacións nin por tanto posibilidade de participar en regatas a ningún nivel. Vendo esta necesidade ideamos a organización de un campeonato anual.

A singularidade deste campeonato é que existe a posibilidade de participar con embarcacións propias, tal como sucede en calquera competición,  pero non é unha condición imprescindible,  xa que o C.N. Cobres pon a disposición dos participantes o seu material.