Publicado por
Diario de regatas, Vela

Velocidade pura

Só con unha virada dende a saída xa podían acadar a segunda boia que daba paso o tramo con vento de popa. Isto condicionou a regata, xa que o triángulo se converteu nun tramo de cinguida e outro de popa, beneficiando o barco que mellor cinguira.

A emoción da regata estivo estivo na primeira volta da primeira manga. A primeira boia chegaron Manuel Guimarey e Xabier Rosas, Maria e Javier Marrero e Manuel Veiga e Guillermo nun puño, pero coa diferenza que mentres Maria, Javier, Manuel Veiga e Guillermo viraron con ela a babor, Xabier e Manuel Guimarey a deixaron a estribor. Este erro foi inducido polo deseño do trazado que Manuel interpretou erroneamente, e que os relegou a terceira posición no paso da primeira boia, polo que recibiron unha penalización.

Maria e Javier pasaron en primeira posición, seguidos de preto por Manuel Veiga e Guillermo. Na persecución María e Javier volcaron no tramo de popa, herdando a posición Manuel Veiga e Guillermo. Xabier e Manuel Guimarey por detrás, reducían distancias, virando na boia de saída moi preto dos de cabeza.

No tramo de cinguida da segunda volta Xabier e Manuel Guimarey, xa sen despistes, sacaron todo o proveito da superioridade que posuían, pasando pola primeira e segunda boia en primeiro lugar. Manuel Veiga e Guillermo non ían moi distanciados e puideron aproveitar a volta a boia de penalización que tiñan pendente Xabier e Manuel Guimarey, recuperando a primeira posición coa que entrarían en meta. Xabier e Manuel entrarían en segunda posición sen tempo a remontar.

Por detrás, entraron Antón Camarero e Carlos Mallo, sen poder pelexar pola manga conseguían a terceira posición en detrimento de María e Javier. Estes últimos non conseguiron voltar a coller o ritmo o quedar o barco asolagado de auga e facerse ingobernable.

Peor o pasaron Fermín e Iria, volcando varias veces, tendo problemas de goberno, e un vento moi forte para a desproporción dos pesos da súa tripulación.

A segunda manga tivo menos historia, dende o primeiro momento Xabier e Manuel Guimarey se puxeron en primeiro lugar dominándoa ata a liña de meta. Manuel Veiga e Guillermo so podían esperar outro erro que nunca chegou. Antón e Carlos entraron en terceira posición. Maria e Javier non completaron a segunda manga o igual que Fermín e Iria desquiciados polo vento.

Polo tanto o pase a final de Xabier e Manuel o dictaminou a vitoria da última manga o haber un empate a puntos na táboa de penalizacións.

Parabéns os clasificados.

 

PosiciónEquipo1ª Manga2ª MangaPenalización total
1Xabier Rosas-Manuel Guimarey101
2Manuel Veiga-Guillermo011
3Carlos-Antón224
4Maria-Javier Marrero358
5Fermín-Iria5510