Publicado por
Vela

Xa estamos na cuarta edición do campionato social do Naútico de Cobres. Un campionato que naceu coa intención de compartir e perfeccionar unha afición a un deporte que nos entusiasma. O resultado é unha actividade onde estamos a participar un pequeno grupo de namorados da vela lixeira, e que nos divirte xogar as carreiras coas embarcacións de vela.

Grupos e Calendario

O formato é como en edicións anteriores, eliminatorio. Celebrarase os fins de semáns de setembro do 10-11 e 17-18.

Os participantes están reunidos en dous grupos, que regatearán o 10 e o 11 de setembro para clasificarse os dous primeiros postos do grupo 1 e 2. Os non clasificados participarán nunha regata de repesca que se celebrará o día 17 e que permitirá que o que acade o primeiro lugar se clasifique para a final do día 18. A final se disputará entre os clasificados das regatas disputadas polo grupo 1, 2 e a repesca. As eliminatorias se celebrarán a dúas mangas, sempre que as condicións de tempo o permitan, no caso de só poder disputar unha se admitirá o resultado como suficiente definir a clasificación. 

Os grupos están formados da seguinte maneira:

Compoñentes do Grupo 1
 Manuel VeigaJulia Mencía
 Antón Camarero Carlos Mallo
 María Moreira Javier Marrero
 Fermín Iria
 Amalio Torres Benito Fernández
Compoñentes do Grupo 2
 Alberto AlmazanCompadre
 Alejandro Raúl
 Xabier Rosas Manuel Guimarey
 Pablo Abreu Manuel Vidal
 Xabier CortegosoJesús Ferral

 O calendario de regatas queda da seguinte forma:

Sábado 10Domingo 11Sábado 17Domingo 18
Grupo 1Grupo 23º Grupo 11º Grupo 1
Grupo 1Grupo 24º Grupo 12º Grupo 1
Grupo 1Grupo 23º Grupo 21º Grupo 2
Grupo 1Grupo 24º Grupo 22º Grupo 2
Grupo 1Grupo 2Mellor 5º *1º Repesca

* O mellor 5º posto das eliminatorias do sábado 10 e domingo 11 se elexirá en primeiro lugar por comparación da penalización acumulada na proba. En caso de empate se clasificará o que obtivera o mellor posto nalgunha manga. No caso de empate segúndo este último criterio se fará un sorteo entre os quintos.

Que o vento nos acompañe.