Publicado por
Actividades de lecer

Museo Meirande – Rande

Ruta dende o Club Nautico ata o museo Meirande donde visitamos o centro de interpretación que aproveita os recursos culturais para crear unha exposición interactiva. Sitúase nunha vella fábrica de salazón, a chamada “Fábrica do Alemán” creada en torno ao 1836, comprouna Otto Gerdtzen Bové, un alemán que transformouna en conserveira e que a usou de tapadeira para o tráfico de wolframio destinado á industria de armamento alemán nos anos 40 do século pasado. Unha das temáticas do museo é a Batalla de Rande.

A Batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e na enseada de San Simón, no interior da ría de Vigo, o 23 de outubro de 1702. Enfrentou ás escadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, dentro do contexto da  Guerra de Sucesión Española. Morreron uns 2.000 homes do bando hispano-francés e uns 800 do anglo-holandés. Ademais, os franceses perderon os seus mellores buques de guerra, e os españois quedaron sen barcos para a carreira de Indias. Tense especulado sobre as riquezas que levaban os barcos afundidos, sendo moitas as expedicións que o buscaron. Seguramente a parte máis valiosa do cargamento fora xa transportada a Castela durante o tempo que estivo a flota na ría, pero non se pode descartar que unha parte importante permanecese aínda nas adegas das naves ( o tesouro de Rande).

O xacemento arqueolóxico subacuático esta composto por mais de 25 pecios