Publicado por
Actividades de lecer

Saida dende o club Nautico Cobres e visita guiada a illa de San Simon e San Anton

A illa de San Simón é unha illa pertencente ao arquipélago de San Simón, xunto á de San Antón e outros illotes na ría de Vigo . Pertence á parroquia de Cesantes, no municipio de Redondela. Na actualidade atópase deshabitada.. Está unida á illa de San Antón por unha ponte. O conxunto das dúas illas mide 250 metros de ancho e 84 de longo. Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos….


estatua homenaxe a Julio Verne, na illa de San Simón, xunto cunha rechamante placa dedicada ao Capitán Nemo e a súa tripulación