Piragüismo


PRINCIPE DE ASTURIAS 2011
Disputada o pasado 15 de Agosto a regata PRINCIPE DE ASTURIAS en senior k4 o equipo integrado por Valentin Boullosa,David Blanco,Miguel Sanchez e Joaquin Novas acada un meritorio 4º posto disputandolle a Portonovo a 3º praza na entrada en meta que finalmente non poido ser, por entrar estes últimos con só un segundo de ventaxa


Piragüismo-Información
C.N. Cobres nace en 1983 para ofrecer a posibilidade de practicar un novo deporte no concello de vilaboa. Dende entón, ano tras ano entrena un equipo de alevíns e infantís e outro de cadetes, xuvenís e seniors para participar nas competicións organizadas pola Federación Galega de Piragüismo e Clubs. O club náutico Cobres leva a cabo un importante traballo de promoción organizando cando menos dous cursiños anuais de iniciación ao piragüismo especialmente adicados a nenos en idade escolar, sempre precedidas de campañas escolares e con seguimento nos meses a seguir, todo de maneira gratuita. Participacións: Gran premio de rios e travesías, nas que participan cadetes, xuvenis, senior e veteranos percorrendo de marzo a setembro as catro provincias galegas. Algunhas destas probas teñen carácter internacional tales como o Trofeo Príncipe de Asturias de K-4, Descenso Internacional do Miño, Copa Presidente, con gran despliege mediático e retransmisión en directo pola radio e televisión. Campeonato Galego de Pista. Gran Premio de Promoción ao que asisten alevíns e infantís tamén por toda a xeografía galega. Descenso internacional do Rio Sella, máis que unha regata e a festa institucionalizada da piragua a nível internacional. Nela reúnense máis de mil embarcacións de toda España, Europa, e normalmente tamén […]


Iniciación as actividades nauticas: Piragüismo
As actividades realizaranse no club Náutico Cobres no peirao de Santa Cristina de Cobres. O club facilitará todo o material necesario para a actividade (material de ximnasio, piraguas estables, semi-estables e inestables, palas e chalecos). ENCARGADO DO ADESTRAMENTO : Alfonso Rivas Xogos de iniciación a distintos deportes.Exercicios para traballar mobilidade articular, coordinación e axilidade.Adestramento coidando a flexibilidade, forza, velocidade e resistencia, e sobre todo, o traballo en equipo.Iniciación ao piragüismo.Navegación en piraguas estables, semi-estables e de competición.Manexo da pala e a piragua. Técnicas de seguridade. Técnica de paleo para impulsar mellor a piragua. HORARIOS: Iniciación venres de 16:30 a 18:00 e os sabados de 12:00 a 13:30 Avanzado: xoves e venres de 16:30 a 18:00, e os sabados de 10:30 a 12:00 É necesario saber nadar, traer unha foto, fotocopia do DNI, cubrir un formulario. INSCRICIÓNS: 610 013 133, cncobres@gmail.com


Escola Infantil
Está en marcha a ESCOLA INFANTIL para nenos e nenas entre 7 e 14 anos, tódolos mercores, venres e sábados. Esta escola infantil está enfocada as categorías de alevíns e infantís. A formación e realizada por Miguel, entrenador nacional con ampla experiencia. Os nenos e nenas que estedes interesados en participar, podedes incorporarvos en calquer momento.


Entrenamento de Maiores
Para os maiores de 14 anos o horario de entrenamento é luns, mércores e venres a partir das 20:00 da tarde e sábados a partir das 16:30 da tarde.


Descenso de río Tea
O pasado 30 de Xuño (Sábado) realizamos o descenso do rio Tea dende Mondariz Balneario. Esta actividade foi aberta a todas as persoas que desexaron participar. DATA: 30 de Xuño


SAÍDAS NOCTURNAS E DIURNAS EN PIRAGUAS ESTABLES
SAÍDAS NOCTURNAS E DIURNAS EN PIRAGUAS ESTABLES SAMSUNG


Descenso do Sil no Barco de Valdeorras 2011
Remata a liga de rios e travesías,coa ultima prova do calendario,Descenso do Sil no Barco de Valdeorras.O N.Cobres acadamos a 14 posicion de entre 36 equipos participantes,por embarcacions resaltar un 7º posto para a k1 xuvenil de Jaime Alvarez así como un 3º posto do k2 veterano de Celso i Eduardo.Despois desta última regata o CN COBRES queda clasificado no posto 11º na liga de Rios da copa Xunta Autor:Manuel G