Vela


IV CAMPIONATO DE VELA LIXEIRA en AGOSTO 2011
Durante o mes de agosto celebrarase o IV campeonato de vela lixeira, terá o mesmo formato que en edicións anteriores, en forma de liga durante tres fins de semana. Os interesados poden inscribirse e reservar a súa plaza para usar as embarcacións do club. Prazas limitadas.


Actividades de Vela 2011
Durante o mes de agosto celebrarase o IV campeonato de vela lixeira, terá o mesmo formato que en edicións anteriores, en forma de liga durante tres fins de semana. Os interesados poden inscribirse e reservar a súa plaza para usar as embarcacións do club. Prazas limitadas. Podeste inscribire a traves da pagina de reserva de actividades.


Vela – Información
Inscritos na Federación Galega de Vela dende 1995 e aínda sen posibilidades para competir, centramos os nosos esforzos na Escola Náutica de Verán dende a que ofertamos cursos de iniciación á vela lixeira nas modalidades de Vaurien, Optimist, Cadete e Windsurf. Grazas ás novas instalacións coas que conta o club ampliamos a oferta de actividades á primavera e outono. Organizamos saídas os sábados en horario de tarde con supervisión de monitores e zodiac. 2005 foi un ano moi importante para a vela galega xa que Vigo foi o punto de partida da Volvo Ocean Race. O 12 de novembro, Vigo atraeu unha atención mediática sen precedentes no que a deporte se refire. Os medios de comunicación máis importantes do mundo estiveron en Vigo para retransmitir en directo o evento. O CN Cobres acudiu a esta importantísima cita coas súas embarcacións. O Clube Náutico Cobres financia toda a súa actividade grazas ás cotas dos socios, ás axudas institucionais do Concello de Vilaboa, Deputación Provincial, Xunta de Galicia e as achegas de diversas entidades privadas.


Actividades
Durante os últimos 10 anos o CN Cobres adicou toda a súa actividade de vela a escola, organizando varios cursos anuais. Os deportistas que o longo destes anos practicaron vela no CN Cobres, habitantes na súa maioría do concello de Vilaboa e comarcas limítrofes, non posúen embarcacións nin por tanto posibilidade de participar en regatas a ningún nivel. Vendo esta necesidade ideamos a organización de un campeonato anual. A singularidade deste campeonato é que existe a posibilidade de participar con embarcacións propias, tal como sucede en calquera competición, pero non é unha condición imprescindible, xa que o C.N. Cobres pon a disposición dos participantes o seu material.


Cursos de Vela 2012
Durante o mes de Xulio celebraranse cursos de vela, podendose realizar o longo da semana ou tamen a posibilidade de asistir o cursiño especial que se celebrara os sabados. A partir do 10 de Xullo os martes, xoves e venres en horario de 16:30 a 19:00 horas.O prezo é de 30 euros para socios e de 40 euros para non socios por semana máis a licencia da federación, no caso dos participantes que quiseran continuar co curso en unha segunda semán o prezo do curso na segunda o sucesivas semans saldría en 25 euros para socios e de 35 euros para non socios. No caso de optar pola opción dos sábados do mes o prezo é de 40 euros para socios e 50 euros para non socios , máis a licencia federativa. Os interesados poden inscribirse e reservar a súa plaza a traves da web o chamando o telefono do clube. Prazas limitadas. EMBARCACIÓNS: OPTIMIST, VAURIEN, GALEÓN Ademais poderán inscribirse e participar no CAMPEONATO VAURIEN que se celebrara o longo do mes de SETEMBRO


IV Campionato Social de Vela do Náutico de Cobres
Xa estamos na cuarta edición do campionato social do Naútico de Cobres. Un campionato que naceu coa intención de compartir e perfeccionar unha afición a un deporte que nos entusiasma. O resultado é unha actividade onde estamos a participar un pequeno grupo de namorados da vela lixeira, e que nos divirte xogar as carreiras coas embarcacións de vela. Grupos e Calendario O formato é como en edicións anteriores, eliminatorio. Celebrarase os fins de semáns de setembro do 10-11 e 17-18. Os participantes están reunidos en dous grupos, que regatearán o 10 e o 11 de setembro para clasificarse os dous primeiros postos do grupo 1 e 2. Os non clasificados participarán nunha regata de repesca que se celebrará o día 17 e que permitirá que o que acade o primeiro lugar se clasifique para a final do día 18. A final se disputará entre os clasificados das regatas disputadas polo grupo 1, 2 e a repesca. As eliminatorias se celebrarán a dúas mangas, sempre que as condicións de tempo o permitan, no caso de só poder disputar unha se admitirá o resultado como suficiente definir a clasificación. Os grupos están formados da seguinte maneira: Compoñentes do Grupo 1 Manuel VeigaJulia Mencía Antón […]


Curso de Vela 2011
Durante o mes de agosto celebraranse cursos de vela que se realizara o longo da semana ou tamen posibilidade de asistir o cursiño especial que se celebrara os sabados. Os interesados poden inscribirse e reservar a súa plaza a traves da web o chamando o telefono do clube. Prazas limitadas. MARTES, XOVES, VENRES De 16:00- 18:30 TARDE 1 semana: Socios 30€ // Non socios 40€ 2 semanas: Socios 50€ // Non socios 70€ SABADOS Días 6, 13, 20, 27 Prezo socios 40 € / 50 Non socios EMBARCACIÓNS: OPTIMIST, VAURIEN, GALEÓN Licenza semanal/sábados 1 mes 8€, anual 16€ Ademais poderán inscribirse e participar no CAMPEONATO VAURIEN que se celebrara o longo do mes de SETEMBRO


IV Campionato Social de Vela do Naútico Cobres ano 2011 – Gran final
Diario de regatas do IV Campionato Social de Vela. Este campionato estase a celebrar nos fins de semán do 10-11 e 17-18 de setembro do 2012, sobre embarcacións da categoría Vaurient. Gran final 27-09-2011 23:10 As regatas do Campionato Social de Vela do Náutico Cobres deste ano foron subindo de intensidade ata chegar a final do 18 de setembro. Nesta podemos desfrutar dunha dura loita entre tres tripulacións, levándose a vitoria Alejandro e Raúl. Pablo e Manuel Vidal quedaron segundos e tiveron unha posibilidade de quedar primeiros si Xabier Rosas e Manuel Guimarey lle arrebataran a segunda posición os gañadores podendo quedar a táboa de penalizacións nunha apertada tripla empate.


IV Campionato Social de Vela do Naútico Cobres ano 2011 – Velocidade pura
Velocidade pura Só con unha virada dende a saída xa podían acadar a segunda boia que daba paso o tramo con vento de popa. Isto condicionou a regata, xa que o triángulo se converteu nun tramo de cinguida e outro de popa, beneficiando o barco que mellor cinguira.A emoción da regata estivo estivo na primeira volta da primeira manga. A primeira boia chegaron Manuel Guimarey e Xabier Rosas, Maria e Javier Marrero e Manuel Veiga e Guillermo nun puño, pero coa diferenza que mentres Maria, Javier, Manuel Veiga e Guillermo viraron con ela a babor, Xabier e Manuel Guimarey a deixaron a estribor. Este erro foi inducido polo deseño do trazado que Manuel interpretou erroneamente, e que os relegou a terceira posición no paso da primeira boia, polo que recibiron unha penalización.Maria e Javier pasaron en primeira posición, seguidos de preto por Manuel Veiga e Guillermo. Na persecución María e Javier volcaron no tramo de popa, herdando a posición Manuel Veiga e Guillermo. Xabier e Manuel Guimarey por detrás, reducían distancias, virando na boia de saída moi preto dos de cabeza.No tramo de cinguida da segunda volta Xabier e Manuel Guimarey, xa sen despistes, sacaron todo o proveito da superioridade […]


V Campionato Social de Vela do Naútico Cobres ano 2011 – Os últimos serán os primeiros
Os últimos serán os primeiros O domingo 10 tivo lugar a regata da segunda clasificatoria para o campionato. Nela se mostraron como claros dominadores Alejandro e Raúl. O ano pasado estreáronse humildemente nas regatas, pero despois dun ano navegando e facendo outras probas, presentáronse cunha madurez que lles permitiu acadar o primeiro posto clasificatorio para a gran final.Nas dúas mangas tiveron dúas boas saídas. Na primeira pasaron primeiros pola boia que da fin o tramo de cinguida. Foi entón cando o vento se parou e a ratos aparecía unha feble brisa que permitía avanzar a trompicóns. Estas paradas e arrincadas foron aproveitadas por Alejandro e Rául que foron amentando a vantaxe ata chegar a ser definitiva.Por detrás as cousas estaban un pouco máis disputadas. Xabier Rosas e Manuel Guimarey saíron en primeiro lugar, pero a babor dos seus contrincantes o que lles prexudicou o chegar a boia, xa que os seus compañeiros apenas tiñan que facer manobras de virada para pasar a boia. Pese a iso viraron de segundos, seguidos de Manuel Vidal e Pablo os cales os pasaron no tramo de vento de popa. Entre empuxón e empuxón do vento as distancias parecía que se agrandaban e chegaron o […]


IV Campionato Social de Vela do Naútico Cobres ano 2011 – A Perfect Day
Mais que satisfeitos estaban Amalio e Benito, poderíase dicir que radiaban felicidade. O certo é que non é para menos. Benito estaba sin equipo despois de que o comité organizador o enrolara con Alberto por erro, e xa estaba resignado a non participar. Por outra banda, Amalio contactou co clube dous días antes e puido formar equipo xa que Carlos Zunzunegui e Cristina Gonzalez decidiran darse de baixa por problemas de datas. Pese a esas incertidumes se presentaron o sábado e aproveitaron a ocasión de participar, que a sorte lles brindou, para plantarse con autoridade na final do 18 de Setembro.A primeira manga foi dominada por Amalio e Benito, que despois do bocinazo de saída, no tramo de cinguida viraron primeiros na boia, seguidos de preto por Xavi e Jesús. Non moi lonxe estaban Fermín e Iria que se sentiron moi cómodos neste tramo. As posición as completaban Manuel e Julia e Carlos e Antón un pouco máis retrasados perxudicados por un barco máis pesado que o resto.Mentres na empopada, Xavi e Jesús iniciaban a persecución de Benito e Amalio, por detrás Iria e Fermín perdían posicións o non dominar o rumbo, chegando en última posición na boia de chegada. […]