Publicado por
Piragüismo

As actividades realizaranse no club Náutico Cobres no peirao de Santa Cristina de Cobres. O club facilitará todo o material necesario para a actividade (material de ximnasio, piraguas estables, semi-estables e inestables, palas e chalecos).

ENCARGADO DO ADESTRAMENTO : Alfonso Rivas

  • Xogos de iniciación a distintos deportes.
  • Exercicios para traballar mobilidade articular, coordinación e axilidade.
  • Adestramento coidando a flexibilidade, forza, velocidade e resistencia, e sobre todo, o traballo en equipo.
  • Iniciación ao piragüismo.
  • Navegación en piraguas estables, semi-estables e de competición.
  • Manexo da pala e a piragua. Técnicas de seguridade. Técnica de paleo para impulsar mellor a piragua.

HORARIOS:

   Iniciación venres de 16:30 a 18:00 e os sabados de 12:00 a 13:30

   Avanzado: xoves e venres de 16:30 a 18:00, e os sabados de 10:30 a 12:00

É necesario saber nadar, traer unha foto, fotocopia do DNI, cubrir un formulario.

INSCRICIÓNS: 610 013 133,  cncobres@gmail.com