Publicado por
Vela

Inscritos na Federación Galega de Vela dende 1995 e aínda sen posibilidades para competir, centramos os nosos esforzos na Escola Náutica de Verán dende a que ofertamos cursos de iniciación á vela lixeira nas modalidades de Vaurien, Optimist, Cadete e Windsurf.

Grazas ás novas instalacións coas que conta o club ampliamos a oferta de actividades á primavera e outono. Organizamos saídas os sábados en horario de tarde con supervisión de monitores e zodiac.

2005 foi un ano moi importante para a vela galega xa que Vigo foi o punto de partida da Volvo Ocean Race. O 12 de novembro, Vigo atraeu unha atención mediática sen precedentes no que a deporte se refire. Os medios de comunicación máis importantes do mundo estiveron en Vigo para retransmitir en directo o evento. O CN Cobres acudiu a esta importantísima cita coas súas embarcacións.

O Clube Náutico Cobres financia toda a súa actividade grazas ás cotas dos socios, ás axudas institucionais do Concello de Vilaboa, Deputación Provincial, Xunta de Galicia e as achegas de diversas entidades privadas.