Actividades

ESCOLA DEPORTIVA
EN IDADE ESCOLAR
Promoción do deporte na idade escolar, traballase con nen@s en idade escolar (7-14 anos). A maioría dos asistentes participan nas regatas de infantís, alevíns e prebenxamíns, pero non e o único obxectivo, xa que pretendese que cada vez máis nen@s teñan a oportunidade de realizar un deporte náutico

PARTICIPACIÓN EN
REGATAS DAS LIGAS
Participación nas distintas regatas organizadas pola Federación Galega de Piragüismo, Federación Española de Piragüismo e a Federación Internacional de Canoe, nas modalidades de maratón, descensos de ríos e travesías, pista, Ligas de promoción e kaiak de mar, nas distintas categorías.

INICIACIÓN O PIRAGÜISMO
E PADDLE SURF
Desenvolvemos diferentes cursos de iniciación dirixidos a persoas de todas as idades das cales nútrense tanto o equipo de competición como a sección de recreo. Neles, poderás descubrir o piragüismo comenzando polo básico: material, normas de seguridade, subir e baixar da piragua, técnica do paleo, etc.

ESCOLAS
DE VERAN
Durante os meses de Xullo e Agosto, realizamos a escola de verán de piragüismo para o fomento do deporte náutico.

PRÁCTICA RECREATIVA
DO PIRAGÜISMO
Todos aqueles que non desexen competir dispoñen do material para practicar un deporte saudable nun entorno privilexiado.
Formulario de contacto
Se tes algunha dúbida sobre as nosas actividades, use este formulario de contacto. Responderemos o antes posible.