Actividades de lecer
Ruta combinada Soutomaior : Castelo de Soutomaior e rio Verdugo
O Castelo de Soutomaior está nun luar privilexiado pola ampla paisaxe que dende alí temos a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar divisando o val do río Verdugo dende a súa confluencia co río Oitaven ata á desembocadura na enseada de San Simón. A construción orixinal data do século XII, sendo a época máis destacada a de D. Pedro Madruga (século XV). O castelo foi destruído durante a revolución irmandiña e Pedro Madruga intervén de xeito directo na súa reconstrución. Unha vez realizada a visita iremos camiñando cara a ponte medieval de Comboa onde embarcaremos nas piraguas para descender polo río Verdugo ata a Pontesampaio onde finalizaremos a actividade. A ponte é famosa pola batalla na que o capitán Morillo e os seus soldados derrotaron ao exército de Napoleón que mandaba o Xeneral Ney. Tamén é camiño a Compostela, xa que por eiquí pasa a trazado do itinerario portugués.
Visita guiada illa de San Simon
Saida dende o club Nautico Cobres e visita guiada a illa de San Simon e San Anton A illa de San Simón é unha illa pertencente ao arquipélago de San Simón, xunto á de San Antón e outros illotes na ría de Vigo . Pertence á parroquia de Cesantes, no municipio de Redondela. Na actualidade atópase deshabitada.. Está unida á illa de San Antón por unha ponte. O conxunto das dúas illas mide 250 metros de ancho e 84 de longo. Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos…. estatua homenaxe a Julio Verne, na illa de San Simón, xunto cunha rechamante placa dedicada ao Capitán Nemo e a súa tripulación
Descenso Rio Umia
Ven a gozar dun descenso en kaiak por unha natureza envexable, pequenos saltos de auga,e un percorrido onde poderemos gozar da natureza frondosa, campos de cultivos, viñedos, pazos e caserios. O río Umia ten unha gran importancia cultural ao longo da historia, hai unha lenda que é a do Ponte dos Padriños, que conta que en esa ponte, as mulleres con dificultades para ter fillos acudían ao río e esperaban a que un home pasase pola ponte, este debería botarlle auga sobre o ventre da muller e en caso de que o embarazo saíse adiante, convertíase no padriño do futuro neno o nena
Saidas nocturnas con Lua Chea
Partiremos do club cara a praia de Cesantes, onde ollaremos as figuras somerxidas no mar… E logo voltaremos cara o club onde nos espera algo quente. Obrigatorio levar chaleque reflectante, lanterna frontal.
Avistamento de aves
A ensinada é unha zoa de refuxio de aves migratorias e acuáticas. Catalogada como Zoa de Especial Protección de Valores Naturais (ZEPVN), ten unha superficie de 22,5 quilómetros cadrados, con unha lonxitude de 8 km e un ancho máximo de 3,6 km e mínimo de 0,7 km no estreito de Rande. Entre as aves que nos podemos atopar están: Ánade Azulón Macho Ánade Azulón Femia Macho e femia de Cullerete Ánade Rabudo
Museo Meirande – Rande
Museo Meirande – Rande Ruta dende o Club Nautico ata o museo Meirande donde visitamos o centro de interpretación que aproveita os recursos culturais para crear unha exposición interactiva. Sitúase nunha vella fábrica de salazón, a chamada “Fábrica do Alemán” creada en torno ao 1836, comprouna Otto Gerdtzen Bové, un alemán que transformouna en conserveira e que a usou de tapadeira para o tráfico de wolframio destinado á industria de armamento alemán nos anos 40 do século pasado. Unha das temáticas do museo é a Batalla de Rande. A Batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e na enseada de San Simón, no interior da ría de Vigo, o 23 de outubro de 1702. Enfrentou ás escadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, dentro do contexto da Guerra de Sucesión Española. Morreron uns 2.000 homes do bando hispano-francés e uns 800 do anglo-holandés. Ademais, os franceses perderon os seus mellores buques de guerra, e os españois quedaron sen barcos para a carreira de Indias. Tense especulado sobre as riquezas que levaban os barcos afundidos, sendo moitas as expedicións que o buscaron. Seguramente a parte máis valiosa do cargamento fora xa transportada a Castela durante o […]
Illa de Cortegada
Realizamos a saída dende o porto de Carril realizando o traxecto en kaiak ata a illa, onde os participantes poderemos desembarcar e realizar un percorrido pola illa, para poder gozar dunha fauna e flora que son únicas, na illa atópase o bosque de laurisilva máis grande de Europa. A mellor forma de coñecer o Parque Nacional é camiñando por algún dos carreiros habilitados para o uso público, o itinerario seguindo as agullas do reloxo, colleremos o carreiro que sae cara ao leste, un pouco antes de chegar á ermida e que bordea toda a illa paralelo á beira do mar
Illa Tambo
Dende o porto de Combarro realizaremos unha ruta en Kaiak estable ata a illa de Tambo onde desembarcamos para realizar un paseo pola a illa para coñecer parte da súa natureza e misterios. Tambo ten un pasado moi rico en historias: foi habitada por ermitáns e monxes benedictinos, atacada por piratas, usada como cárcere propiedade do político Montero Ríos, lugar de illamento para enfermos en corentena, e propiedade do exército. Na actualidade pertence ao Concello de Poio, eo acceso está administrado pola Escola Naval Militar de Marín, consecuencia da súa antiga orixe militar.
Rutas das Praias Bueu-Marin
Bueu é unha vila costeira que supera os 12.000 habitantes, cunha extensión de 31 quilómetros cadrados dos cales aproximadamente 10 teñen carácter insular. A súa principal fonte de riqueza é a pesca, mentres que os cultivos adícanse esencialmente ao autoconsumo. A pesca de arrastre foi desprazando á de ardora, para a que se utiliza a do cerco, que antano facía de Bueu un dos portos máis importantes polo seu impulso da industria conserveira. No seu patrimonio destaca: A mamoa do forno das Arcas, parroquia de Cela, no lugar Chans.Petroglifo dos Abelaires, na parroquia de Bueu, no lugar de Castiñeiras.Calzada medieval de Meiro, na parroquia de Bueu, no lugar de Meiro.Laxe do Crego (sarcófago) na parroquia de Beluso no lugar da praia Area dos Cans (illa de Ons).Y un longo número de igrexas, Capelas, ermidas, cruceiros , cruces e petos das ánimas, pazos, muiños, lavadoiros e fontes. As praias polas que pasaremos son: A praia de Loureiro en Bueu como punto de partida, logo a praia de Agrelo, praia de Portomaior, Lapamán, A Coviña, Do Santo, Loira e praia de Aguete onde remataremos o percorrido. Praia de Loureiro (1)(3)Praia de Agrelo (2) Praia de Portomaior (3) Praia de Lapamán (4) Praia […]
Travesía ría de Aldan
Na Travesía a Ría de Aldán, embarcaremos para dar comezo na praia de San Cibrán, onde poderemos ver e desfrutar das paisaxes dos diferentes areais que ten esta ría, como poden ser: praia de Areacova, Punta Corveira, Punta Pinela e volta a Praia de San Cibrán. AREABRAVA PINTENS AREACOVA