Dende o porto de Combarro realizaremos unha ruta en Kaiak estable ata a illa de Tambo onde desembarcamos para realizar un paseo pola a illa para coñecer parte da súa natureza e misterios.
Tambo ten un pasado moi rico en historias: foi habitada por ermitáns e monxes benedictinos, atacada por piratas, usada como cárcere propiedade do político Montero Ríos, lugar de illamento para enfermos en corentena, e propiedade do exército.
Na actualidade pertence ao Concello de Poio, eo acceso está administrado pola Escola Naval Militar de Marín, consecuencia da súa antiga orixe militar.