Cunhas novas instalacións, un equipo de deportistas consolidado, tanto na sección de piragüismo como na de vela, e unha sección de turismo náutico activa, volcámonos na celebración dos 25 anos e durante unha semana organizamos actividades para todos dende saídas en piraguas estables, concentración e navegación en embarcacións de vela lixeira tradicionais, conferencias, cursos de piragüismo e vela para todas as idades.
Información prensa 25 Aniversario
O ano 2008 non só é importante para o C. N. Cobres, senón tamén para o piragüismo galego, xa que se conseguen varias medallas olímpicas en Pequín e a sección infantil celebra con todos eles o éxito.
A actividade de vela é considerable durante este ano con cursos mensuais durante os sábados dende marzo a novembro e tamén con cursos semanais durante xullo e agosto. Rexistramos 65 licencias durante esta temporada.