O piragüismo e a vela son deportes de referencia en Cobres e a súa zona de influencia, contando con socios e deportistas de toda a provincia. A nivel competitivo, o equipo de cadetes, xuvenís e sénior, malia tratarse dun grupo reducido, só masculino, e que por tanto non pode cubrir todas as categorías, está nunha […]
Cunhas novas instalacións, un equipo de deportistas consolidado, tanto na sección de piragüismo como na de vela, e unha sección de turismo náutico activa, volcámonos na celebración dos 25 anos e durante unha semana organizamos actividades para todos dende saídas en piraguas estables, concentración e navegación en embarcacións de vela lixeira tradicionais, conferencias, cursos de […]
En 1999 comezamos a considerar a idea de buscar un terreo nas proximidades do peirao de Santa Cristina. A partir do 2000 envíanse solicitudes tanto a Portos de Galicia como a Demarcación territorial de Costas coa intención de construír un novo club en algún dos terreos e comézase tamén a deseñar o proxecto das novas […]
Dende 1990 organizase un novo evento deportivo: a CARREIRA PEDESTRE DE NADAL que se celebrará cada 25 de decembro ininterrompidamente ata 2001 coa que colabora o concello de Vilaboa e algunhas casas comerciais. Dende 1992 ata 2005 o club asume a xestión do PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE RIOMAIOR e coa colaboración do concello de Vilaboa instala […]
O club Náutico Cobres nace co nome de “Club Piragüismo Deilán” en decembro de 1982 dentro da extinguida Asociación Cultural Lamela de Santa Cristina de Cobres, tal e como figura en acta do 10 de decembro de 1982 da mencionada entidade. A primeira directiva do club fórmana Xosé Lois Otero Pereira(presidente), Manuel Solla Fernández (vicepresidente), […]