Xa estamos na cuarta edición do campionato social do Naútico de Cobres. Un campionato que naceu coa intención de compartir e perfeccionar unha afición a un deporte que nos entusiasma. O resultado é unha actividade onde estamos a participar un pequeno grupo de namorados da vela lixeira, e que nos divirte xogar as carreiras coas embarcacións de vela.
Grupos e Calendario
O formato é como en edicións anteriores, eliminatorio. Celebrarase os fins de semáns de setembro do 10-11 e 17-18.
Os participantes están reunidos en dous grupos, que regatearán o 10 e o 11 de setembro para clasificarse os dous primeiros postos do grupo 1 e 2. Os non clasificados participarán nunha regata de repesca que se celebrará o día 17 e que permitirá que o que acade o primeiro lugar se clasifique para a final do día 18. A final se disputará entre os clasificados das regatas disputadas polo grupo 1, 2 e a repesca. As eliminatorias se celebrarán a dúas mangas, sempre que as condicións de tempo o permitan, no caso de só poder disputar unha se admitirá o resultado como suficiente definir a clasificación.
Os grupos están formados da seguinte maneira:
| Compoñentes do Grupo 1 | |
|---|---|
| Manuel Veiga | Julia Mencía |
| Antón Camarero | Carlos Mallo |
| María Moreira | Javier Marrero |
| Fermín | Iria |
| Amalio Torres | Benito Fernández |
| Compoñentes do Grupo 2 | |
|---|---|
| Alberto Almazan | Compadre |
| Alejandro | Raúl |
| Xabier Rosas | Manuel Guimarey |
| Pablo Abreu | Manuel Vidal |
| Xabier Cortegoso | Jesús Ferral |
O calendario de regatas queda da seguinte forma:
| Sábado 10 | Domingo 11 | Sábado 17 | Domingo 18 |
| Grupo 1 | Grupo 2 | 3º Grupo 1 | 1º Grupo 1 |
| Grupo 1 | Grupo 2 | 4º Grupo 1 | 2º Grupo 1 |
| Grupo 1 | Grupo 2 | 3º Grupo 2 | 1º Grupo 2 |
| Grupo 1 | Grupo 2 | 4º Grupo 2 | 2º Grupo 2 |
| Grupo 1 | Grupo 2 | Mellor 5º * | 1º Repesca |
* O mellor 5º posto das eliminatorias do sábado 10 e domingo 11 se elexirá en primeiro lugar por comparación da penalización acumulada na proba. En caso de empate se clasificará o que obtivera o mellor posto nalgunha manga. No caso de empate segúndo este último criterio se fará un sorteo entre os quintos.
Que o vento nos acompañe.


