Mais que satisfeitos estaban Amalio e Benito, poderíase dicir que radiaban felicidade. O certo é que non é para menos. Benito estaba sin equipo despois de que o comité organizador o enrolara con Alberto por erro, e xa estaba resignado a non participar. Por outra banda, Amalio contactou co clube dous días antes e puido formar equipo xa que Carlos Zunzunegui e Cristina Gonzalez decidiran darse de baixa por problemas de datas. Pese a esas incertidumes se presentaron o sábado e aproveitaron a ocasión de participar, que a sorte lles brindou, para plantarse con autoridade na final do 18 de Setembro.
A primeira manga foi dominada por Amalio e Benito, que despois do bocinazo de saída, no tramo de cinguida viraron primeiros na boia, seguidos de preto por Xavi e Jesús. Non moi lonxe estaban Fermín e Iria que se sentiron moi cómodos neste tramo. As posición as completaban Manuel e Julia e Carlos e Antón un pouco máis retrasados perxudicados por un barco máis pesado que o resto.
Mentres na empopada, Xavi e Jesús iniciaban a persecución de Benito e Amalio, por detrás Iria e Fermín perdían posicións o non dominar o rumbo, chegando en última posición na boia de chegada. Desta maneira Julia e Manuel ascendían a terceira posición, con Carlos e Antón no cuarto lugar.
Nos postos de honor as cousas seguían igual, Benito e Amalio marcando o ritmo, seguidos de Xavi e Jesús esperando o fallo. Pero Amalio e Benito estiveron en todo momento concentrados e completaron a segunda volta en primeira posición ata cruzar a meta. Xavi e Jesús conformáronse cunha merecida segunda praza.
Terceiros cruzaron Julia e Manuel que non chegaron a contactar co dúo de cabeza e tampouco se sentiron presionados por Carlos e Antón en cuarto lugar. Iria e Fermín, que case alcanzan a Carlos e Antón no tramo de cinguida, cederon no tramo de popa e través, polo que se conformaron coa quinta praza.
A segunda manga comezou coa sorpresa da mala saída de Benito e Amalio. Isto o aproveitaron o resto, saíndo moi ben conseguiron unha pequena vantaxe inicial. Os primeiros en virar na boia que daba fin o tramo de cinguida eran Fermín e Iria, con Xavi e Jesús moi enriba e Manuel e Julia preto. Benito e Amalio conseguían pasar a Antón e Carlos que pese a súa boa saída non podían sacarlle máis o seu barco.
O tramo de vento de popa se cobraba as mesmas vítimas que na primeira manga e Fermín e Iria cedían ante o empuxe dos seus perseguidores. Primeiro fronte a Xavi e Jesús, despois os pasarían Manuel e Julia, Amalio e Benito, polo que pasaron a cuarta posición.
A virada que daba paso o tramo de través que fora un trámite para Xavi e Jesús, púsose moi emocionante cando pasaron Manuel e Julia con Amalio e Benito polo interior. Pese a manobra Julia e Manuel conseguían defender a segunda posición na virada da boia de saída.
Na cinguida non houbo cambio na primeira posición onde estaban solidamente instalados Xabi e Jesús. Pero os trasnos andaban por alí e se meteron no barco de Julia e Manuel trabándolle a escota da maior no montecarlo o que os levou o auga. Diso beneficiáronse os seus perseguidores que melloraron unha posición o ter que abandonar Julia e Manuel o enchérselle o barco de auga.
Pero eses seres mitolóxicos de espírito traste non lles foi suficiente co que lles ocorrera a Julia e Manuel que se pasaron o barco de Xabi e Jesús non tramo de través, e lles rompeu o amarre da trapa na botabara. Amalio e Benito que foran gañando terreo puideron poñerse en primeira posición. Xabi e Jesús conseguiron botar o trasno pola borda, con maña e un pouco de forza colocaron a botabara, que se saíra do pinzote.Facendo a función de trapa cos seus brazos conseguiron acelerar o barco de tal forma que recuperaron gran parte da distancia perdida e chegaron a meta a menos dunha cuarta por detrás de Amalio e Benito. Estes últimos, aínda que con un pouco de sorte tiveron un dia perfecto.
Por detrás só quedaba ver quen conseguiría o terceiro posto, pero a realidade e teimuda e o que viramos na primeira manga volteouse a repetir na segunda. Antón e Carlos perdían a posicións no tramo de cinguida e recuperaban na de popa e través e a inversa Fermín e Iria, subían comodamente o tramo de cinguida e cedían no de popa e través. Pero é moi meritorio que despois do curso de verán se atreveran e plantaran cara a navegantes máis experimentados que eles, polo que pronto teremos que telos en conta para facer grandes cousas.
Aínda que isto xa non ben a conto da regata, estou pensando que o trasno tamén pasou pola zodiac, e case me tira o auga cando deu un quebro na caña e lle deu o acelerador bruscamente. Estes trasnos!
Noraboa os clasificados
Posición | Equipo | 1ª Manga | 2ª Manga | Penalización total |
1 | Amalio-Benito | 0 | 0 | 0 |
2 | Xavier Cortegoso-Jesús | 1 | 1 | 2 |
3 | Carlos-Antón | 3 | 2 | 5 |
4 | Manuel Veiga-Julia | 2 | 5 | 7 |
5 | Fermín-Iria | 4 | 3 | 7 |