Publicado por
Diario de regatas, Vela

Os últimos serán os primeiros


O domingo 10 tivo lugar a regata da segunda clasificatoria para o campionato. Nela se mostraron como claros dominadores Alejandro e Raúl. O ano pasado estreáronse humildemente nas regatas, pero despois dun ano navegando e facendo outras probas, presentáronse cunha madurez que lles permitiu acadar o primeiro posto clasificatorio para a gran final.

Nas dúas mangas tiveron dúas boas saídas. Na primeira pasaron primeiros pola boia que da fin o tramo de cinguida. Foi entón cando o vento se parou e a ratos aparecía unha feble brisa que permitía avanzar a trompicóns. Estas paradas e arrincadas foron aproveitadas por Alejandro e Rául que foron amentando a vantaxe ata chegar a ser definitiva.

Por detrás as cousas estaban un pouco máis disputadas. Xabier Rosas e Manuel Guimarey saíron en primeiro lugar, pero a babor dos seus contrincantes o que lles prexudicou o chegar a boia, xa que os seus compañeiros apenas tiñan que facer manobras de virada para pasar a boia. Pese a iso viraron de segundos, seguidos de Manuel Vidal e Pablo os cales os pasaron no tramo de vento de popa. Entre empuxón e empuxón do vento as distancias parecía que se agrandaban e chegaron o tramo de través con Pablo e Manuel Vidal, Xabier e Manuel Guimarey seguidos de María e Javier Marrero e outra calma.

Nese tramo foi cando María e Javier decidiron probar ese axioma da nautica a vela que di «a distancia máis curta entre dous puntos non é a liña recta». Non seguiron o rumbo de Pablo e Manuel Vidal e Xabier e Manuel Guimarey o que lles permitiu chegar a boia por diante deles.

No tramo de cinguida o vento se mantivo máis constante pero coas vantaxes adquiridas entre paróns María e Javier xa non tiveron rivais para a segunda praza. Terceiros chegarón Pablo e Manuel Vidal seguidos de Xabier e Manuel.

O quinto barco ía patroneado por Alberto e Juan Carlose. Pagaron o prezo de ser novatos e de ter un barco pouco competitivo, ademais dun problema coa orza. Xa se sabe «quen chega tarde non oe misa nin come carne». Tiñan moitos problemas nos tramos de cinguida o deribarlle o barco. Tampouco o día non era o máis propicio (sen vento) para un barco tan pesado. Ainda así chegaron a acercarse a Xabier e Manuel en algún momento da proba, pero non lle permitiu mellorar o quinto posto.

O golpe de efecto da segunda manga estivo na saída cando Maria e Javier voltearon. Isto os atrasou e non lles permitiu completar o percorrido. Tampouco remataron Alberto e o seu Juan Carlos, que se cansaron de loitar en inferioridade de condicións.

Isto deixaba a victoria e a clasificación entre tres tripulacións. Comezaron a manga dominando Alejandro e Raúl, seguidos de Pablo e Manuel Vidal e un pouco máis atrás Xabier e Manuel Guimarey.

O vento estaba xoguetón polo que ameazaba con facer das súas con amagos de encalmadas no tramo de vento de popa onde nada mudou. No tramo de través Xabier e Manuel Guimarey conseguiron diminuír a distancia ata tal punto que chegaron a estar en condicións de pasar a boia de meta primeiros, de feito a acadaron de tal forma que a tocaron e obrigounos a dar unha volta a esa boia como penalización. Isto os eliminou da loita pola clasificación e os relegou o terceiro posto.

A loita estivo entre Alejandro e Raúl e Pablo e Manuel Vidal que viraron nesas posicións na boia de meta o fin da primeira volta. Esas posicións se manterían con Pablo e Manuel Vidal perseguindo o barco que ocupaba a primeira posición. O desenlace se resolveu no tramo de través onde Pablo e Manuel Vidal conseguiron adiantar a Alejandro e Raúl que cruzaron en segundo lugar a meta.

Noraboa os gañadores.

PosiciónEquipo1ª Manga2ª MangaPenalización total
1Alejandro-Raúl011
2Pablo Abreu-Manuel Vidal202
3Xabier Rosas-Manuel Guimarey325
4Maria- Javier Marrero156
5Alberto-Juan Carlos459