Bueu é unha vila costeira que supera os 12.000 habitantes, cunha extensión de 31 quilómetros cadrados dos cales aproximadamente 10 teñen carácter insular. A súa principal fonte de riqueza é a pesca, mentres que os cultivos adícanse esencialmente ao autoconsumo. A pesca de arrastre foi desprazando á de ardora, para a que se utiliza a do cerco, que antano facía de Bueu un dos portos máis importantes polo seu impulso da industria conserveira. No seu patrimonio destaca:
- A mamoa do forno das Arcas, parroquia de Cela, no lugar Chans.
- Petroglifo dos Abelaires, na parroquia de Bueu, no lugar de Castiñeiras.
- Calzada medieval de Meiro, na parroquia de Bueu, no lugar de Meiro.
- Laxe do Crego (sarcófago) na parroquia de Beluso no lugar da praia Area dos Cans (illa de Ons).
- Y un longo número de igrexas, Capelas, ermidas, cruceiros , cruces e petos das ánimas, pazos, muiños, lavadoiros e fontes.
As praias polas que pasaremos son: A praia de Loureiro en Bueu como punto de partida, logo a praia de Agrelo, praia de Portomaior, Lapamán, A Coviña, Do Santo, Loira e praia de Aguete onde remataremos o percorrido.
![]() Praia de Loureiro (1)(3) | ![]() Praia de Agrelo (2) | ![]() Praia de Portomaior (3) |
![]() Praia de Lapamán (4) | ![]() Praia de A Coviña (5) | ![]() Praia do Santo (6) |