As actividades realizaranse no club Náutico Cobres no peirao de Santa Cristina de Cobres. O club facilitará todo o material necesario para a actividade (material de ximnasio, piraguas estables, semi-estables e inestables, palas e chalecos).
ENCARGADO DO ADESTRAMENTO : Alfonso Rivas
- Xogos de iniciación a distintos deportes.
- Exercicios para traballar mobilidade articular, coordinación e axilidade.
- Adestramento coidando a flexibilidade, forza, velocidade e resistencia, e sobre todo, o traballo en equipo.
- Iniciación ao piragüismo.
- Navegación en piraguas estables, semi-estables e de competición.
- Manexo da pala e a piragua. Técnicas de seguridade. Técnica de paleo para impulsar mellor a piragua.
HORARIOS:
Iniciación venres de 16:30 a 18:00 e os sabados de 12:00 a 13:30
Avanzado: xoves e venres de 16:30 a 18:00, e os sabados de 10:30 a 12:00
É necesario saber nadar, traer unha foto, fotocopia do DNI, cubrir un formulario.
INSCRICIÓNS: 610 013 133, cncobres@gmail.com