SAÍDAS NOCTURNAS E DIURNAS EN PIRAGUAS ESTABLES
O pasado 30 de Xuño (Sábado) realizamos o descenso do rio Tea dende Mondariz Balneario. Esta actividade foi aberta a todas as persoas que desexaron participar. DATA: 30 de Xuño
Para os maiores de 14 anos o horario de entrenamento é luns, mércores e venres a partir das 20:00 da tarde e sábados a partir das 16:30 da tarde.
Está en marcha a ESCOLA INFANTIL para nenos e nenas entre 7 e 14 anos, tódolos mercores, venres e sábados. Esta escola infantil está enfocada as categorías de alevíns e infantís. A formación e realizada por Miguel, entrenador nacional con ampla experiencia. Os nenos e nenas que estedes interesados en participar, podedes incorporarvos en calquer momento.
As actividades realizaranse no club Náutico Cobres no peirao de Santa Cristina de Cobres. O club facilitará todo o material necesario para a actividade (material de ximnasio, piraguas estables, semi-estables e inestables, palas e chalecos). ENCARGADO DO ADESTRAMENTO : Alfonso Rivas Xogos de iniciación a distintos deportes. Exercicios para traballar mobilidade articular, coordinación e axilidade. Adestramento coidando […]